domingo 22.09.2019

Presentación da lista das municipais de ÁXIL -Alternativa por Xinzo da Limia

O Concello non pode estar para que os concelleiros elixidos manteñan a súa praza en Xinzo.

Na tarde do sábado ante uns seguidores enfervorecidos Amador Díaz fixo a presentación dos catorce compoñentes que conforman a primeira lista que presentan  a Alternativa por Xinzo da Limia ás elección municipais de maio do 2019.

IMG_20190420_192951

Amador Díaz; Ramón Gómez (Moncho); María Ángeles Martínez; e Josefa Araujo ocupan os primeiros catro postos da nova lista que concorre ás elección este ano.

IMG_8459O Concello non pode estar para que os concelleiros elixidos manteñan a súa praza en Xinzo.
Despois da anterior afirmación Amador continuou a presentación de intencións afirmando que todos sabemos cales son as necesidades da vila e dos pobos de Xinzo, para a continuación dicir que temos que deixar moi claro, se de nos depende formar goberno, nunca, nunca estará nel o Partido Popular.
Do 5º ao 10º posto estarán ocupados por Marcos Argibay; Rosa Mª Suarez; Jose M. González; María del Carmen Campos; Casimiro Rodríguez e Julia Real.
Noutro momento do discurso fixo Amador referencia aos agricultores perseguidos como delincuentes, multados por acopio de abonos, o SEPRONA, buscando a xente polos pobos, e teñen aínda a desvergoña de dicir que apoian o medio rural e loitar a vez contra o despoboamento.
Para pechar a lista están Ignacio García; Delfín Camino e Isaac Calvo como suplente.

Rematou o acto cunha foto de familia e a felicitación e agradecemento a tódolos que na tarde do sábado acompañaron aos candidatos do novo “partido” que intentará o 28 de maio ser chave para gobernar o concello de Xinzo.

IMG_20190420_193023

Aspecto do local onde se presentou a formación política ÁXIL

Presentación da lista das municipais de ÁXIL -Alternativa por Xinzo da Limia