sábado 21.09.2019

Presentada a lista do BNG ao Concello de Xinzo

Fronte a esta candidatura hai outras que aparecen como as setas, cada tempada

Presentada a lista do BNG ao Concello de Xinzo

Na tarde do sábado o Xpazo foi o lugar escollido polos membros do BNG de Xinzo para facer a presentación da súa lista cara as municipais do 26 de maio.

Ante un público totalmente entregado  Sheila Fernández  foi a encargada de presentar un a un a  todos e cada un dos compoñentes da lista coa que o BNG de Xinzo, pensa formar parte do próximo goberno da vila.

IMG_20190504_194147

Tomaron a palabra a continuación o nº 3 Gabriel Rodríguez  basando a súa intervención en explicar como un "milenian" pode e debe enrolarse nun partido como o BNG, explicando a súa experiencia persoal.

Despois tocoulle o turno a Alba Mª Feixoo, quen fixo a súa vez de presentadora de Xeila, todo un luxo para a candidatura. Tamén loubou as principais caracteristicas do candidato e nº 1 Ramiro Rodríguez do que dixo entre outras cousas que "non se atoparía a unha persoa tan legal e integra como Ramiro Rodríguez".

Foi Ramiro quen pechou o acto para en primeiro lugar dicir que este si era o momento e esta si era a ocasión para botar o PP a oposición. Lembrou outras candidaturas que denominou de ir e vir. Aparecen como as setas e desaparecen a seguinte vez. Contra todas esas e as de nova creación con chaquetas e corres moi vistosos o BNG fai 30 anos que está e que como sempre este partido ten un programa que ofrecer aos veciños, dos cales espera o seu apoio para converterse en chave deste novo goberno do concello de Xinzo.

IMG_20190504_194227