Jueves 23.05.2019

SORAYA BRIZ ELEXIDA CANDIDATA Á ALCALDÍA DE VILAR DE BARRIO

Os socialistas do municipio repiten con unha candidata que aspira a darlle a volta a un municipio sumido na involución e na parálise polo partido popular

Soraya Briz- Vilar de Barrio-PSOE
Soraya Briz- Vilar de Barrio-PSOE

O PSdeG PSOE de Ourense confirma a súa vixésimo novena candidata de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio. A agrupación municipal socialista de Vilar de Barrio elixiu a Soraya Briz Cid coma a súa candidata a alcaldía da localidade. A actual voceira dos socialistas no concello repite coma candidata unhas eleccións máis ca intención de facerse ca alcaldía para reverter a situación de Vilar de Barrio.

Soraya Briz explica que “vemos que os concellos van perdendo cada día máis poboación, entre eles o noso. Un concello ben situado porque estamos moi preto de moitos concellos coma Allariz, Maceda, Xinzo e tamén preto da capital Ourense polo que creemos que temos que aproveitalo e darlle un impulso para que a xente xoven aposte por quedar en Vilar de Barrio e non emigrar a outros lugares.”.

A actual voceira socialista remarcou que “en políticas turísticas non estamos aproveitando os recursos que temos. Fixéronse dúas rutas que senón se limpan nin se publicitan ou se lles da un uso como o do sendeirismo acaban inutilizadas. Sería un punto de vista interesante apostar polo turismo, xa que o Camiño de Santiago pasa polo noso concello e non se está aproveitando a ruta para dar unha visión de concello de cara a xente que fai o Camiño. Temos a Serra de San Mamede e os seus recursos paisaxísticos que tampouco se promocioan”.

A candidata socialista apunta que “non hai políticas para a xente nova, nin para fixar poboación. Non temos políticas de xeración de emprego, nin vivendas para destinar a aluguer. Varios concellos do arredor coma Sarreaus ou Trasmiras recibiron axudas da Xunta para rehabilitar vellas escolas e convertelas en garderías. Nos tamén deberíamos aproveitar estas axudas, pero o PP tennos na parálise continuada”.