Dende a Limia
00:56 h. Martes, 12 de Diciembre de 2017

Antonio Villarino: "A Lagoa de Antela desecouse con criterios franquistas"

O. Ferreiro | 05 de Junio de 2017 (23:08 h.)
De esquerda a dereita, Felipe Bárcenas, Manolo de Dios, Antnio Villarino e Seraf´n González.
De esquerda a dereita, Felipe Bárcenas, Manolo de Dios, Antnio Villarino e Seraf´n González.

Os ornitólogos Antonio Villarino e Felipe Bárcenas, xunto co Doutor en Bioloxía Serafín González, presentaron o pasado vernes en Xinzo de Limia a obra solidaria "Aves da Limia". Os dous tomos publicados estudan e inventarían a presenza de aves na comarca da Limia por kilómetro cadrado. O traballo é froito de 50 anos de investigación exhaustiva. Dende a desecación da Lagoa de Antela –a finais dos anos cincuenta do século XX– e até os nosos días, os autores descubrirannos os segredos da vida de 270 especies de aves que viviron, viven ou transitan no corazón das veigas limiás da Antela.

IMG_0248

No dendealimia.com falamos con Antonio Villarino, ornitólogo natural de Ourense, e un dos autores dos dous libros "Aves da Limia".

Hoxe a antiga Lagoa de Antela está convertida en 41.000 hectáreas de páramo castelán.

Por que naceron estes libros?

Isto comezou hai moitos anos, en 1975, como un paseo dos tantos que dabamos nós naquel momento. Daquel xa recorriamos a provincia e un dos lugares aos que acostumabamos a ir era aquí ás veigas da Limia. E chamounos a atención a riqueza faunística que aquí había. E, xa que logo, continuamos vindo dende entón sempre que puidemos.

E a que conclusións chegastes con Aves da Limia I e II?

Estes libro reflicten as prospeccións realizadas naquel momento. Unha vez se ten o libro na man e se observa a realidade si se poden extraer conclusións. Nós cando coñecimos isto, remataba de se desecar a Lagoa e aínda había veigas pero é que agora hai xa 41.000 hectáreas convertidas case nun páramo castelán. E iso afecta á fauna pero tamén á sociedade. Foi unha actuación que se comezou nun determinado momento con criterios franquistas e que se seguiu até os nosos tempos cos mesmos criterios.