Dende a Limia
01:43 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

Celso Sanmartín Losada alias “Celsiño” retírase, esta vez de verdade

| 31 de Mayo de 2018 (00:16 h.)

En todos os pobos e vilas hai personaxes que forman parte da historia dun pobo coma os monumentos e a paisaxe. En Xinzo tamén ocorre o mesmo neste caso coa persoa e porque non co personaxe que ano tras ano se foi construíndo a si mesmo o “Celsiño”, como o coñecían e o coñecen aínda actualmente  todos aqueles que xeración tras xeración se dedicaron ao deporte , sobre todo o fútbol.

Dicir Celsiño e Antela durante moitos anos eran dúas verbas que ían unidas. Nesta pequena charla homenaxe conta que el foi un dos que co mono de traballo pecharon de bloques o campo do Antela, sendo o sempiterno presidente da entidade D. Ramón. Tamén di que é unha das persoas que máis fixo por este deporte e por o club durante tantos anos e que ninguén se acorda de homenaxear. Quizás ese sexa uns dos defectos desta nosa terra que lle costa moito recoñecer o que outras persoas fan de maneira desinteresada, pero que estamos prontos a criticar nos bares.

CAMAREIRO PINCHA E TENDEIRO

Os primeiros anos da súa vida laboral están unidos a familia Martínez Paz, como camareiro, responsable das discotecas Ideal e mestre de “pinchadiscos”, tanto na discoteca como na cafetería.

Despois desa tempada aparece tamén un dos seus compañeiros de viaxe, Eduardo, que sendo este aínda menor de idade deciden montar a primeira cafetería “moderna” que houbo en Xinzo. Moito ten que ver neste feito o famoso apoderado do Banesto ,Suso, que lle dixo que o banco lles prestaba o diñeiro que lles fixera falta para montar o negocio , polo seu coñecemento do mercado, e con solo a súa firma como aval naceu a cafetería “Xinzo 75”.

O primeiro dispensador de cervexa  San Martín de barril que houbo en Xinzo tíñana eles, así como o primeiro televisor en color. Cando a xente saía de noite do Anduriña, enchiámonos de vender bocadillos. Polo día xente doutras vilas viña a Xinzo solo para ver a cafetería, aínda que tivera que agardar na cola. Un Kg. de azucre  recorda que  custaba 32 Pts. e un Kg. de café 130 Ptas.Por un chafe cobrábamos 20 Pts (0,12 Ctmos).

PRECURSOR NA ORGANIZACIÓN DE  FESTIVAIS

IMG_6210Nunha praza de toros  desmontable, onde agora están os institutos organizou  o ¨Festival 12 horas e media de rock”, con grupos de renome como Bio, Cucharada, Asfalto , Triana , e Rosendo , e o máis importante , sen custarlle nada ao Concello.

Tamén presidiu varios anos a comisión de festas de Xinzo e organizou unha festa do magosto que durou tres días, cando no barrio de abaixo se facían festas nese día.

De toda esta actividade, nin fotos, nin recortes de prensa, nin nada . A Celsiño non lle gusta coleccionar nada , nin sequera fotos.

FÚTBOL FÚTBOL E TENDA DE DEPORTES

Como dixemos ao principio o fútbol e a tenda de deportes foron sempre a súa vida. Primeiro como delegado do Antela , que lle custou moitos moitos cartos, aínda que a xente pensaba que cobraba miles e miles, e despois xunto con Nito montando a primeira tenda de deportes.

Máis tarde cando se abren as galerías xa el solo montou o primeiro local comercial ,disto  fai máis de 30 anos. Nese momento xa abriu co nome co que agora bota o peche Xinzo-Sport. Aínda que pareza o contrario  unhas zapatillas de marca custaban máis que hoxe. Recordo que unhas boas zapatillas custaban 16.000 Pts, pero daqueles anos. Hoxe custan 100 €. A diferenza solo é a calidade.Antes estaban feitas de materiais mellores que as de agora. Tamén a forma de compralas temen mudou,hoxe internet está acabando co mercado local, non solo porque sexa mais barato, que non estou de acordo, porque moitas das veces son falsificacións.   A roupa deportiva hoxe vai a moita velocidade, antes era aquel chándal de raias de Adidas que duraba 4 ou 5 anos. Agora dura dous meses.

Os equipos do Antela sempre levaron a súa equipación e moitos anos o seu patrocinio. Nunca no seu establecemento se deixou de colaborar cos clubs da comarca e de Xinzo cun trofeo, unhas medallas etc. O que si quere expresar é que nunca o Concello de Xinzo gastou un peso en material deportivo na miña tenda. Non chego a entender, aínda hoxe que me toca pechar o por que desa decisión, cando eu sempre fun un bo embaixador de Xinzo e do seu nome. Por isto si que me retiro con un pouco de tristeza.

DOUS ANOS MAIS TARDE

El xa anunciou  a súa xubilación fai dous anos. Agora é verdade  que me xubilo. Nas galerías todo o mundo me di. Cómo te vas a marchar, agora que vai a ser de nos?.

 Celsiño sempre estivo rodeado de xente nova ao longo de toda a súa vida. Estes días que anunciou de verdade que bota o peche a xente nova e menos nova pasou arrasando con todo o que lle quedaba.A verdade e que me vou moi satisfeito coa resposta de todo o mundo.

Hoxe non pode sobrevivir o comercio de Xinzo, porque a xente compra por internet. Hai rapaces que veñen a tenda a probar as zapatillas e despois vanse e cómpranas en internet. A metade das cousas que se mercan por internet son falsificadas. E non solo iso, por internet compran o color que hai rebaixada, aínda que non lle gusten.

Un home con principios

IMG_6207De momento non teño tarxetas. Eu sempre comprei con cartos na man. Agora que me xubilo terei que tela. Tampouco compro en gasolineiras que non me sirvan, esa e a maneira mais rápida de perder postos de traballo.

Dáme pena Xinzo como está

Para finalizar a charla con Celsiño pedímoslle que nos fale de como ve o seu pobo hoxe en día. É nese momento cando se lle pon a faciana máis triste. Dáme pena ver Xinzo como está. Por exemplo, o parque, arrenxouse tantas veces e segue a estar medio estragado. Penso  que non solo é dos nosos gobernantes e da oposición, penso que é un pouco  culpa de todos. Como dixen antes, solo falamos e nos cabreamos nos bares, pero despois ninguén colle a iniciativa  de reclamar nada, sempre esperamos que sexan outros os que o fagan por nós.

Probablemente a partir de mañá, cando necesitemos algunha prenda deportiva ou cando se estea a mercar por internet, nos acordemos que nas galerías xa non está a famosa Xinzo-Sport do  Celsiño que agora segundo nos conta se vai a dedicar a pasear e saudar a todo o mundo, como fixo ata agora, pero con máis tempo, incluso a aqueles que aínda lle deben algunhas zapatillas de cando eran en pesetas, pero que el xamais llas reclamou.

É unha sorte que estemos a falar así dunha persoa que se vai, solo para disfrutar de toda a vida que lle queda por diante. Noraboa por deixar entre nos a túa pegada.