Dende a Limia
04:03 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Unha Limiá representando Ourense no certame de Miss International Spain

| 15 de Agosto de 2018 (11:04 h.)

Carolina Seoane como xa adiantamos, é da parroquia de Niñodaguia no concello de Baltar. Rematou este ano o Grao de Educación Infantil e pensa que “a infancia é unha etapa da vida que nunca debemos esquecer, pois todos levamos un neno dentro”. Tamén é moi deportista, pero ademáis diso, é a Miss que representou a Ourense no Certame  Miss International Beauty Pageant Spain 2018. Dende cativa sempre quixo adicarse o mundo da moda e gustáballe o mundo das pasarelas, aínda que en principio só o tomou coma un hobbie e agora veo como “un soño feito realidade”

carolina seoane (2)

Carolina di que non se coida especialmente para eventos concretos, senón que o truco é  “coidarse a diario, seguir unha dieta equilibrada, facer algo de deporte.. e de vez en cuando consentirse algún capricho!”. Aínda que tamén nos da un par de consellos de beleza da súa man “Ademáis de facer deporte, a dieta equilibrada e coidar a pel, eu creo que o mellor consello é ser feliz e estar agusto con un mesmo, eso transmitese e fai que estes radiante”. 

Os seus plans de futuro son seguir formándose e traballar duro, “e aproveitar todas as oportunidades coma estas que me vaian chegando, por suposto!”

O pasado domingo 12 de agosto tivo lugar o evento, no que a pesares de non alzarse co título, Carolina cóntanos que “a experiencia foi incrible, lévome as boas críticas dos delegados e da organización, pero sobre todo coñecer a estupendas persoas de diferentes lugares”. Tamén nos dixo que a vivencia fora  “nos días anteriores ao certame, como no mesmo dia, foi moi positiva”.

carolina seoane (3)

Tamén lle preguntamos que opinaba de que Ángela Ponce fora a primeira transexual en ser Miss España tras recibir o título o pasado 30 de xuño. Carolina cree que “é un avance social para a integración. É unha muller a pesar de nacer con diferente sexo”. Tamén nos aporta un comentario técnico alegando que “Así o demostra o seu DNI, sendo este un requisito imprescindible para poder participar neste tipo de certámenes”. Engade que “o noso corpo é un recipiente. O xurado, á hora de valorar, ten en conta tanto o físico como a  personalidade.” Remata decindo  “Ángela representará non só á muller española, senón tamén á integración da diversidade”. 

 

carolina seoane (4)