Dende a Limia
20:45 h. Miércoles, 17 de Octubre de 2018

Marta e Eric & Canela Cafuné

| 25 de Julio de 2018 (13:18 h.)
Canela & Cafuné
Canela & Cafuné

A primeira vez que oín falar de Canela Cafuné, foi por parte dunha amiga que en canto soubo que actuaban en Xinzo, nas festas, apremoume para que os fose escoitar. “non o podes perder, son boísimos”

Con esta presentación estaba claro que non podía perder a actuación , aínda sen saber, que é o que facían cada un deles. Prestos achegámonos o sitio da actuación e o primeiro foi preguntar, por a parella de cantantes, no bo sentido da palabra.  Tielas, director da ESMULI sorprendeume, dicíndome, estas ao lado deles. Pois así foi como coñecín a Marta e Eric. Non foi cun café, posto que faltaba pouco para comezar o seu concerto pero si cunha pequena charla, antes do ensaio de son como me contaron quenes, como e de que maneira formaron o que hoxe se chama artisticamente CANELA CAFUNÉ.

Marta, Canela, é do Carballiño e Éric, Cafuné, é de Ourense, do Pereiro concretamente. Xuntáronse de casualidade dando un concerto para sair  dun apuro, como eles mesmos din. Pero esta vez, tocarán para animar a cea popular que ofreceu a ESMULI nas Festas de Santa Mariña.

DEIXOU A INFORMÁTICA AFORTUNADAMENTE PARA A MÚSICA

Marta estudou informática, pero dende sempre lle gustou a música, a cal se dedica de forma profesional, o que xa lle da, pese a a súa xuventude, para comer tres veces o día e aínda lle queda para corresponder con Facenda.

Rematada a súa carreira dedicouse a cantar e ensinar canto, neste caso na ESMULI como profesora, e cando a contratan facelo, cobrando como é lóxico. Despois explicaremos isto.

UNIDOS POLAS  REDES SOCIAIS

IMG_6633.1Apenas se coñecían previamente, Éric coñecía a Marta de véla nun concerto dunha alumna súa de canto coa que subiu ao escenario, e un día chamouna porque necesitaba un pé para dar o concerto no que se xuntaron, pois coñecíanse das redes sociais, pero non en persoa.

Marta de momento só canta, e tamén, porque non dicilo,”é a que leva a voz cantante”en toda a conversa.

Éric, (Cafuné) (que é unha palabra brasileira que ven a significar un agarimo no pelo) canta e pon a música ca súa guitarra. El é de Ourense (O Pereiro) e tamén se dedica exclusivamente a música.  Entre risas, comentan que tamén se dedican a facer vídeos virais, polo que lles aconteceu hai un tempo nun local ourensán.

O local,  despois de aceptar a súa tarifa e variar as súas condicións, non quixo pagarlles o prezo acordado, alegando que "as expectativas do concerto non se cumpriron".  Canela Cafuné quere, a través desa peza audiovisual, denunciar a falta de seriedade dos locais e o mal trato aos artistas, “desgraciadamente pasa moitas veces, iso de tocar e que non che paguen ou queiran pagarche en bocadillos ou en copas, coma se nos non pagaramos facenda” aclararon.

MÚSICA EXCEPCIONAL E VOCES ESPECTACULARES

Loxicamente despois da recomendación da amiga e da pequena, pero interesantísma charla, chegou o momento de comprobar que o que facían no escenario se correspondía coas expectativas. Case sempre a realidade non coincide coas expectativas, sobre todo neste “campo”.

Non vou a dicir nada da súa actuación, porque faltaríanlle calificativos  o dicionario para dicir e transmitir o que eles transmiten subidos ao estrado e sobre todo como o cantan. Para elo solo hai unha maneira de exprementar o que alí se viu. Unicamente indo a velos. Non solo “merece a pena”, se non que é moi recomendable gozar coas súas cancións, coa súa música e sobre todo coas súas voces. A miña amiga quedouse curta….