Dende a Limia
16:14 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

Serafín González (I): "Había unha grande riqueza faunística que sufriu un grave impacto coa desecación da Lagoa e a concentración parcelaria".

O. Ferreiro | 05 de Junio de 2017 (23:19 h.)
Serafín González na presentación do libro.
Serafín González na presentación do libro.

No dendealimia.com falamos tamén con Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e outro dos coautores dos libros "Aves da Limia "I e II.

Todos os beneficios que se obteñan vanse adicar a recuperar zonas húmidas asolagables temporalmente para intentar manter o que aínda hai e recuperar parte de se perder.

O outro día saían datos que dicían que hoxe había case as mesmas cegoñas que nos tempos da Lagoa. Cantas tedes censadas?

Iso pode explicarnos como foron cambiando as cousas e cal era a filosofía do libro. Aquí había unha grandísima riqueza faunística que sufriu un impacto moi grande pola desecación da Lagoa de Antela e pola concentración parcelaria. Pese a todo, isto ten uns valores moi grandes que hai que intentar conservar. Con respecto ás cegoñas, cando nós colocamos os primeiros postes artificiais para os ninos de cegoñas, quedaban apenas 10 parellas na Limia e moitas veces mesmo as mataban. Hoxe hai máis dun cento de parellas e a ninguén se lle ocorre matar ás cegoñas. Houbo un cambio de sensibilidade e cremos que se na Limia se lle da unha nova oportunidade pódense recuperar outras moitas especies. E esa é a filosofía do libro. Todos os beneficios que se obteñan vanse adicar a recuperar zonas húmidas asolagables temporalmente para intentar manter o que aínda hai e recuperar parte de se perder.

Hai algunha outra especie que estivera moi en perigo e que agora xa esea algo recuperada?

O caso máis paradigmático de recuperación é  das cegoñas. Porén, hai outras especies que están nunha situación tan desesperada como a que viviron as cegoñas ou aínda máis. Mesmo a "conícora" ou a "cabra do aire" están nunha situación catalogada en perigo crítico de extinción. É unha situación delicada pero pódense facer moitas cousas por recuperalas.