Dende a Limia
04:41 h. Viernes, 17 de Agosto de 2018

A delegada territorial, Marisol Díaz, visitou hoxe o campamento que se desenvolve na instalación xuvenil de Entrimo “Penedos de Xacinto”

| 19 de Julio de 2018 (16:07 h.)

Na campaña de verán organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social, este ano na provincia de Ourense ofértanse un total de 705 prazas en  5 campamentos para mozos e mozas de entre 9 e 17 anos.

 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe o campamento xuvenil de Entrimo que acolle a instalación Penedos de Xacinto. É unha das accións enmarcadas na campaña Vive a túa aventura, que a Xunta pon á disposición da xuventude galega para que empregue o seu tempo libre estival na realización de actividades de educación non formal. O de Entrimo, concretamente, trátase dun campamento de montaña, cunha capacidade de 100 prazas en tendas de campaña. A instalación dispón de pista polideportiva, salón de actividades, rocódromo, tirolina, anfiteatro, alpendre cuberto e piscina.

Nesta quenda, a segunda que acolle esta instalación, participan  100 mozos e mozas de entre 9 e 13 anos que participan no campamento ‘Teatro e aventura na natureza’, que conta con actividades de dramatización, expresión corporal, ensaios e propostas teatrais ou técnicas de circo como malabares e habilidades de equilibrio. Para o total do verán, en Penedos de Xacinto foron convocadas 400 prazas, 300 en campamentos organizados directamente pola administración autonómica e 100 por entidades a través da oferta concertada.

190718 1 campamento entrimoDurante a visita, na que tamén participou a xefa territorial da Consellería de Política Social, María José Fernández Laso, Díaz Mouteira destacou a importancia de desenvolver este tipo de estadías nas que os participantes gozan dunha programación de ocio educativo e tempo libre de primeiro nivel e nas que ao mesmo tempo, medran persoalmente e coñecen a mozos e mozas de toda a comunidade autónoma.

Vive a túa aventura

A provincia de Ourense acolle este ano outras actividades integradas na campaña de verán para que mozos e mozas de entre 9 e 30 anos participen nas actividades de conciliación estival e de ocio educativo da campaña de verán, que organiza a Xunta de Galicia. Así, durante os meses de verán ofértanse na provincia de Ourense accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior, ademais de cinco campos de traballo de diferentes temáticas que ofertan un total de 100 prazas. 

A máxima representante do Goberno galego en Ourense subliñou a aposta da Xunta para mellorar e manter a oferta das actividades incluídas nesta campaña na que o Goberno galego inviste máis de 3,2 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, o que supón un aumento do 8% con respecto á do ano pasado.