miércoles 23.10.2019

A Delegada da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Entrimo

A Delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, realizou hoxe unha visita institucional ao concello de Entrimo onde mantivo unha entrevista co seu alcalde, que lle transmitiu as principais necesidades do municipio.

A Delegada da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Entrimo

A Delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, realizou hoxe unha visita institucional ao concello de Entrimo onde mantivo unha entrevista co seu alcalde, que lle transmitiu as principais necesidades do municipio. Díaz Mouteira continúa así, tras tomar posesión do seu cargo o pasado mes de novembro, a rolda de visitas polos concellos da provincia para escoitar os responsables municipais e analizar as súas demandas.

Alcalde Entrimo

A máxima representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle ao rexedor deste municipio da comarca da Baixa Limia  "todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta" co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

Comentarios