Dende a Limia
07:42 h. Domingo, 20 de Agosto de 2017

Os "madamitos" de Entrimo chegan ao Museo Galego do Entroido

O. Ferreiro | 08 de Junio de 2017 (22:19 h.)
Madamito e madamita xunto con Carlos Gómez e Ramón Alonso.
Madamito e madamita xunto con Carlos Gómez e Ramón Alonso.

O Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, segue na procura dun dos obxectivos polos que naceu: dispór de representación en forma de traxes ou caretas tradicionais do maior número de entroidos posibles.

O número de traxes do que xa dispuña conta hoxe cun convidado máis: os madamitos de Entrimo. O alcalde de Entrimo, Ramón Alonso, fixo entrega ao MUGAE dos dous traxes –masculino e feminino– tradicionais dos madamitos e madamitas.

Foron recibidos polo Concelleiro de Turismo –e deputado galego– Carlos Gómez.