Lunes 20.05.2019

As Bubelas, primeiro premio de Comparsas

Dazón, primeiro en carrozas

A hora prevista o xurado do desfile do Entroido 2019, deu a coñecer os premios, desta edición. Recordar que fai moitos anos que non se daban premios no desfile en Xinzo.  As case cincocentas persoas que presenciaron o veredicto do xurado aplaudiron a todos os premiados, non ,manifestando ningunha discrepancia coa súa decisión, por outra banda inapelable.

IMG_1469

No apartado de de dúos e tríos o premio foi para Juan Miguel. O único premio que había para comparsas foille outorgado ás Bubelas.

Os tres premios de carrozas foron para  Colectivo Danzón, os de Sempre e Piñeira Seca, por este orde.

IMG_1481IMG_1479IMG_1519IMG_1514IMG_1506

O xurado tivo a ben entregar dous premios honoríficos a Garda Real Inglesa e  ás Majoretes. Con todos os premiados no escenario da orquestra os membros da comisión do Entroido 19, disfrazados dos representantes dós 4  partidos políticos que xa anunciaron a súa candidatura para as próximas elección municipais, despediron este Entroido 2019 con vivas ao mesmo e ata o ano que ven.