Jueves 23.05.2019

Aclaracións sobre o desfile do domingo por parte da comisión

Os que se anoten no novo prazo non optarán aos premios

foto arquivo
foto arquivo

Nunha nota aclaratoria a comisión do Entroido quere puntualizar unha noticia de onte deste xornal na que puntualiza que os grupos, comparsas etc, que se anoten para o desfile aprazado para o domingo ás 12:00, non poderán optar aos premios establecidos.

O motivo é que segundo as bases establecidas, todos aqueles que quixeran participar nos premios tiñan que estar anotados o venres pasado, polo que seguindo esas normas, os que se anoten hoxe ou mañá poderán participar, pero non poderán optar aos premios en metálico.

Comentarios