lunes 26.08.2019

"O botellón é un fenomeno social destes tempos que entre todos temos que erradicar"

A comisión do Entroido segue a traballar a reo para erradicar o “botellón”

"O botellón é un fenomeno social destes tempos que entre todos temos que erradicar"

Seguen as accións encamiñadas a erradicar o botellón, aínda que segundo manifestou a portavoz da comisión, sen moito  éxito na noite do petardazo. Varias foron as xestións levadas a cabo ante as empresas de transporte que organizan as viaxes ata Xinzo, para que ou ben deixaran de carrexar menores e de non ser así, que non deixaran subir bebidas alcohólicas aos autobuses. A contestación por parte da empresa foi que eles non teñen autoridade para cachear a ninguén.

Os esforzos, non obstante, por parte da comisión seguen encamiñados en erradicar o máximo posible o botellón.

Problema de orden público

A comisión do Entroido xa solicitou en varias ocasión formar parte da xunta de seguridade que se celebra normalmente antes do Entroido de cada ano, solicitude que sempre foi rexeitada.

Nos sabemos da situación real, pero nos nos temos xurisdición na rúa. Iso depende das policías, Local, Nacional e da Garda Civil. Este sábado do petardazo xa había menores na praza en condicións moi danadas.

Facemos un chamamento a sociedade e veciños de Xinzo para que sexan eles os que denuncien esas situación de vandalismo que poidan ver a esas horas.

Pola nosa banda as charangas rematan os pasarrúas as 2:30, que é  a hora autorizada.  Este é un signo “negativo” por suposto dos nosos tempos, pero nos non podemos facer máis.

A LIMPEZA FUNCIONOU PERFECTAMENTE

No tocante a limpeza do pobo estes dous días, temos que dicir que funcionou bastante ben, segundo manifestan dende a comisión.