Jueves 23.05.2019

O desfile do Entroido 2019 será o domingo de piñata

A partir das 12:00

Despois de ter que suspender o desfile tradicional do martes de Entroido por mor da chuvia e vento, este celebrarase o próximo domingo día 10 a partir das 12:00.

NOVO PRAZO PARA ANOTARSE ,PARA TODOS  AQUELES QUE NON ESTABAN XA ANOTADOS PARA O MARTES

A partir de mañá xoves volve estar aberto o prazo para anotarse no desfile e así poder optar a algún dos premios que este ano, como todos saben se reparte entre os participantes que acaden os primeiros lugares, segundo o xurado.

Este cambio parece que está totalmente consensuado entre os que xa estaban anotados  para o martes, e desta maneira tamén poderán participar comparsas doutros lugares da provincia que no martes tiñan tamén desfiles nos seus respectivos lugares.