Sábado 23.03.2019

Mañá as 12 comeza o desfile do Entroido 2019

Máis de 600 persoas  están anotadas para participar

O desfile aprazado polas inclemencias metereolóxicas do martes a tarde obrigou a aprazar o desfile para este domingo. A hora escollida foi a dás 12:00.

Nestes dous día anotáronse 7 grupos máis e tan so se deu de Baixa 1 por non poder estar os seus membros este domingo. En total son 35 os grupos, comparsas ademais de 7 carrozas, son as inscritas. O desfile comezará no cruzamento da rúa Padre Feijó e Avd.Madrid. para rematar na estación de autobuses.

Ademáis espérase a participación dun cento de Pantallas

ENTREGA DE PREMIOS AS OITO DA NOITE

A entrega dos premios en metálico, serán entregados ás 20:00 no palco da orquestra que se instalará no parque Toural, ao final da rúa S.Roque. Todos aqueles que resulten premiados teñen que estar presentes na entrega.

PIÑATA ÁS 17:00

Recordar que as 5 da tarde na praza Maior celebraranse os xogos de piñata para os máis pequenos. As piñatas foron feitas por Limisi.