Martes 18.06.2019

Manuel Baltar e o representante da asociación "A Pantalla", Carlos Valle, asinaron hoxe o convenio de colaboración

Establece a cesión de uso á asociación dun espazo no Museo Galego do Entroido e da xestión da colección monográfica da asociación, depositada no museo

Manuel Baltar e o representasnte  da asociación "A Pantalla", Carlos Valle, asinaron tamén hoxe o convenio de colaboración que establece a cesión de uso á asociación dun espazo no Museo Galego do Entroido e da xestión da colección monográfica da asociación, depositada no museo.

O presidente da Deputación tamén se referiu ao acordo coa asociación "A Pantalla", destacando "a cesión de uso que asinamos hoxe para que esta asociación, propietaria dunha importante aportación que forma parte dos fondos museísticos deste espazo expositivo, siga realizando a súa actividade a prol da cultura do entroido".

Manuel Baltar amosouse "plenamente satisfeito" de que por medio destes acordos de colaboración "o entroido de Ourense e de Galicia siga a escribir a súa historia con maiúsculas, mantendo e dinamizando unha tradición secular que todos temos a obriga de seguir conservando".