Martes 18.06.2019

As olas voaron una vez mais na praza Maior

Grazas a intervención do “S.Sebastián” a chuvia non chegou

Unha mañá soleada no que os máis pequenos disfrutaron das súas olas, repartidos por primeira vez por idades, cousa que resultou moito máis vistosa, deu paso a tarde tamén con sol no que as olas voaron e voaron ata racharse enteiras.

Moitos participantes na rolda e moito público espectador que gozou un ano máis no Oleiro de Xinzo.

Portada 2Non faltaron os grupos folclóricos; parodias de  grupos,  entre os que destacaron as parodias do grupo de mulleres do Carballiño que viñeron buscar mozo ao centro social de Xinzo.

Tamén o público aplaudiu aos “chachos” que con cabra incluída fixeron as delicias do público presente. E todo isto grazas as intervención do “S.Sebastián” que se pasou toda a mañá mollando os pes para que non viñera a chuvia que tanto se anunciou toda a semana.