Sábado 23.03.2019

O traslado do Meco cambia de percorrido

Por motivos de seguridade

Foto arquivo 2018
Foto arquivo 2018

A comisión do Entroido  da que forman parte tamén os concelleiros de Cultura e Urbanismo, acordou o cambio de percorrido do traslado do Meco dende a praza de Oriente ata a praza Maior. Por motivos de seguridade ante a  esperada chegada a Xinzo de grupos, tanto contratados pola organización, como de outros, sobre todo da zona do sur de 1Pontevedra que anunciaron a súa presenza para participar activamente da festa do sábado e do domingo, a comisión por motivos de seguridade. Non esquecer a cantidade de fumo que se fai cos fachóns, cambiará e da praza de saída irá pola rúa do Peto e a Avd. De Ourense ata a Praza Maior onde se procederá o colgamento do Meco.

Precisamente por este cambio de percorrido, xa se comezou a colocar os adornos das rúas do casco vello.

Será un fin de semana dos máis grandes do Entroido, non solo pola cantidade, se non pola  calidade.

Tanto as comisións pasadas como esta, pretenden que este fin de semana sexa o máis tradicional de todos os fins de semana. A asociación A Pantalla, encargada case o 100% da organización, tanto do Meco como do Oleiro, anima a todos os seus socios, e a aqueles que non o son a que saian as rúas totalmente caracterizados de época.