Dende a Limia
19:29 h. Miércoles, 23 de Agosto de 2017

A IMPORTANCIA DUNHA BOA LIMPEZA DIARIA DA PEL

| 16 de Febrero de 2017 (21:20 h.)
50
50

Hoxe  vouvos falar sobre a  importancia dunha boa limpeza diaria na nosa pel. Pois se queremos que os cosméticos produzan os seus efectos temos que poñer da nosa parte.

A pel é o órgano máis importante para unha perfecta beleza. Sobre ela adhírese a maquillaxe, a polución, a contaminación, e as diferentes secrecións propia delas: como o sebo, células mortas,..

O equilibrio da pel altérase por diferentes motivos, como pode ser as obstrución do poro, por non respirar adecuadamente, por estar asfixiada, irritada, e porque non se rexenera correctamente.

Se queremos que a nosa pel este tersa, luminosa, bela?. Debemos comezar, por unha hixiene adecuada, ao noso tipo de pel.

Para min, a limpeza diaria, é un ritual marabilloso, que nos pon en contacto e fainos ser consciente das nosas necesidades.

Empezamos utilizando unha emulsión limpadora. Este primeiro paso elimina os restos de maquillaxe e contaminación. É un bo principio, pois estimula a osixenación da pel.

Continuamos, xa cunha limpeza, máis profunda.

Unha emulsión purificadora, sería ideal. Pois algunhas inclúen na súa composición compoñentes naturais, como pode ser: “perlas de aceite de jojoba” que producen un peeling  mecánico non irritante. Isto estimula a rexeneración e a microcirculación periférica osixenando.

Cabe destacar que as peles graxas ou acneicas, necesitan para a súa limpeza xeles limpadores suaves, que sexan depurativos, acouguen cicatricen e fagan unha acción sebo reguladora. E por suposto que non presenten inconvenientes de efecto rebote nas peles graxas. É moi importante eliminar células mortas e que se estimule o proceso natural de rexeneración.

Despois destes pasos tan importantes, necesitamos normalizar a pel.

Usaremos locións que controlen e equilibren segundo a nosa necesidade. A característica dunha loción que controle a pel, son acougar, mellorar a hidratación, dar luminosidade e elasticidade. Diminuíndo o tamaño dos poros, engurras, das manchas e os signos de envellecemento. As locións que equilibran estimulan as defensas facilitando a cicatrización desconxestionado e acougando, protexe das agresións externas e é bactericida.

Unha vez feito estes pasos, temos a nosa pel preparada para “darlle para comer” un bo serum unha crema,etc.

Lembra, a persoa que se ve no espello es o teu: "a persoa máis importante da túa vida" e se es constante nos teus coidados de beleza, a túa pel manifestarao.

 

Isaura Caramés Pérez