Dende a Limia
02:01 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Vivir rápido e morrer novo

| 07 de Diciembre de 2017 (18:57 h.)

Essential oil bottles, towels, candle and flower in health spa for spa treatment.Cada vez que miramos para atrás, vemos que a vida pasou moi  apresa, sen darnos conta xa volve pasar outro ano. Sempre pensamos que somos novos, é son os demais os que se fan vellos. Igual co conto de Branca Neves, cando nos miramos o espello, tampoco nos conta a verdade. Se paseamos pola rúa podemos ver a primeira ollada a quen o arado do tempo vai golpeando e deixando as súas marcas, cargando con anos que non lle corresponde, mentres enseguida detectamos ás persoas que se coidan.

A estética naceu fai centos de anos para dar resposta ás persoas que buscan a felicidade dunha mocidade perenne, dando vida aos anos e non ao revés. Pero non é algo  pétreo, a estética evoluciona cada día. É moi fácil quedar obsoleta e vender novidades caducas. Dicía Einstein que “nunca consideres o estudo como unha obrigación senón como unha oportunidade para entrar no mundo marabilloso do saber”. Por iso polo amor a miña profesión e respecto aos meus clientes, sempre estou a asistir a cursos de formación para coñecer as últimas novidades e constantes avances.

Se ti es un/ha amante da cosmética natural, un/ha buscador/a incansable de novos produtos respectuosos coa túa pel e co mundo que che rodea, preséntoche en exclusividade o último, se aínda non a descubriches, un revolucionario sistema de alta cosmética natural baseada na “aromaterapia” e na natureza.

A xuventude é un estado do espírito e non un calendario, por iso propóñoche ser eternamente novo e feliz durante moitos anos e tamén podes ter o detalle de regalarllo a alguén especial.

Isaura Caramés Pérez