Miércoles 20.02.2019

Casualidade ou causalidade

lugar da farola na Avd/ de Ourense
lugar da farola na Avd/ de Ourense

Case un ano levaba o Concello detrás do “camión” que derribou  a farola da foto. Levaban un ano, e como non deron co mesmo, e a veciña queixábase de non ter iluminación na súa zona, o concello o xoves púxolle unha nova(báculo, luminaria etc) 1.200 € das arcas municipais.

Casualmente ou causalmente a farola durou no sitio a “friolera” de 3 días. Este mesmo luns a veciña chamaba ao concello para dicir que outra vez outro “camión pantasma” tirara coa farola, e esta vez, o igual que a anterior, ningún viu nada, nin se fixo cargo do seu desperfecto.

Para mais “inri” por ese lateral os camións non poden circular. ¡Xulguen vostedes!

Comentarios