Martes 18.06.2019

Obra rápida na rúa S. Roque

Os veciños da rúa S. Roque de Xinzo non tardaron nin medio día en enviar esta foto do arranxo das lousas que levaban bastante tempo en moi mal estado.

IMG_20180417_180612Seica hoxe 4 membros da brigada municipal puxéronse a faena  e chegado o mediodía remataron a obra. Ata aquí todo correcto. 

Parecía que o novo concelleiro de Obras tomaba cartas no asunto e comezaba ben o seu mandato, pero o que os veciños queren resaltar non é a rapidez en facer a obra,  se non parece ser que o cemento foi escaso  tendo que deixar algún escalón nos últimos anacos.

Préganlle ao Sr. Concelleiro a súa visita as obras   e  poñen  en coñecemento dos veciños de toda a vila que a miúdo pasan polo lugar ,advertindo dos coidados que teñen que gardar  para transitar, unha vez saquen o valado de seguridade.