miércoles 21.08.2019

A delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o concello de Lobeira

 Beneficiario das axudas da Secretaría Xeral de Deportes, para coñecer o proxecto de construción dunha cancha deportiva multidisciplinar  

280219 SXDeporte Lobeira1
280219 SXDeporte Lobeira1

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, anunciou que este ano a Secretaría Xeral para o Deporte investirá 350.000 euros na construción e mellora das instalacións deportivas de nove concellos da provincia de Ourense. Fíxoo durante a visita que realizou ao municipio de Lobeira que resultou beneficiario destas axudas destinadas a continuar optimizando a rede de infraestruturas deportivas de Galicia.

280219 SXDeporte lobeiraEn concreto  a Xunta financiará un total de 10 actuacións nos concellos de Cenlle, A Gudiña, Muíños, Riós Lobeira, Laza, Lobios, Castro Caldelas e A Gudiña, das que seis son de reforma e  as outras catro son de nova construción.  No caso de San Amaro, na obra de reforma do campo de futbol de Salamonde, este municipio tamén contará coa colaboración da Deputación de Ourense. O orzamento global destas actuacións elévase a máis de 550.000 euros, dos que 350.000 serán achegados pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Marisol Díaz achegouse ao concello de Lobeira para analizar co seu alcalde, Antonio Iglesias, o proxecto de obra nova que se vai realizar no municipio ao abeiro das axudas da Secretaría Xeral para o Deporte. Trátase da construción dunha cancha deportiva multidisciplinar, actuación que ten un orzamento total de 30.000 euros e que se realizarán en virtude do convenio que se vai asinar entre a Xunta e o Concello co compromiso de financiamento do 100% por parte da Administración autonómica.