Dende a Limia
05:46 h. Miércoles, 14 de Noviembre de 2018

O Equipo de investigación da Sexta podería gravar un programa nas Conchas

| 17 de Agosto de 2018 (10:06 h.)

Como todo o que se fixo ata agora, políticos e confederacións, non deu resultado os veciños  da Baixa Limia estanse a organizar e dendealimia puido saber que uns veciños en representación dos prexudicados pola situación das augas do Limia puxéronse en contacto co programa de investigación da sexta “Equipo de Investigación “ que  dirixe As Conchas1Gloria Serra para que se despracen ata Muíños e As Conchas para facer unha investigación sobre a situación das augas.

O programa solicitoulle toda a información e xa foi enviada. Entre a documentación que axuntaron está o estudo do científico do CESIC e a Universidade de Granada na que afirmaba de que xa fai anos  o río Limia era un dos mais contaminados do planeta.

Así mesmo achegaron as declaración do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, da semana pasada  a Onda Cero na que afirmaba con rotundidade de que a situación das augas era xa insoportable , con afirmacións como “xa  está ben de que As Conchas sexa a fosa séptica da Limia”.

Os veciños da comarca da Limia Baixa, afectados directa e indirectamente, esperan que desta maneira saian a luz os verdadeiros culpábeis de que as augas do Limia, máis parezan as de un rio de calqueira país do tercer mundo que un da vella Europa.