Dende a Limia
00:53 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Máis de 735.000 euros para obras de mellora en concellos da Rede Natura

O. Ferreiro | 19 de Septiembre de 2017 (20:49 h.)
Marisol Díaz ollando as obras da Rede Natura en Xunqueira de Ambía.
Marisol Díaz ollando as obras da Rede Natura en Xunqueira de Ambía.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, vén de adxudicar na provincia de Ourense diferentes actuacións a desenvolver en concellos incluídos na Rede Natura, por importe total de máis de 735.000 euros. Un total de 18 concellos ourensáns son adxudicatarios destas axudas directas da Consellería, financiadas con fondos europeos FEDER e FEADER, dirixidas á conservación do noso patrimonio paisaxístico.

O obxectivo destas actuacións é a execución de accións que permitirán aos concellos a mellora da paisaxe.

Entre os 18 concellos beneficiados da provincia atópanse 9 pertencentes ás comarcas da Limia e da Baixa Limia. Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Porqueira, Sarreaus e Xinzo de Limia son os municipios limiáns agraciados por estes fondos europeos.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial do departamento dirixido por Beatriz Mato, Victoria Núñez, visitou as actuacións executadas no concello de Xunqueira de Ambía, ao abeiro destas axudas. En concreto neste municipio se están a realizar obras de mellora na contorna da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Limia que comprenden a restauración do lavadoiro de Casasoá, a recuperación da área de descanso de Bustelo e a instalación dun panel informativo referente á ZEPA, sobre os valores naturais do espazo que xustifican a necesidade de protección do mesmo.

190917 Rede Natura

Díaz Mouteira indicou que o obxectivo destas actuacións é a execución de accións que permitirán aos concellos a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou a conservación e restauración de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional, así como as súas contornas e a a súa accesibilidade.