Dende a Limia
16:14 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

Xunta e Concello de Lobeira colaboran na mellora da rede de saneamento de Carreiras

| 19 de Junio de 2017 (21:13 h.)
Alcalde de Lobeira acompañado pola delegada da Xunta en Ourense
Alcalde de Lobeira acompañado pola delegada da Xunta en Ourense

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, supervisou as obras de mellora da rede de saneamento levadas a cabo no núcleo de Carreiras deste municipio ourensán ao abeiro dunha subvención da Vicepresidencia.

O departamento autonómico achegou 35.000 €.

O alcalde deste concello ourensán, Antonio Iglesias Álvarez, amosoulle á máxima representante da Xunta na provincia todas as actuacións executadas para dar resposta ás necesidades dos veciños do núcleo de Carreiras que dispoñan dunha rede de saneamento moi antiga e deteriorada e que non recollía todas as edificacións de lugar. Así, executáronse os traballos precisos para a renovación da tubaxe da rede de saneamento e a instalación dun colector soterrado de PVC.

Neste caso concreto a Xunta e o Concello de Lobeira aunaron esforzos para facer fronte aos máis de 45.300 euros que custou a intervención. O departamento autonómico achegou 35.000 €.