Dende a Limia
18:18 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

A Xunta licita obras en dous concellos da Limia e catro da Baixa Limia

O. Ferreiro | 26 de Junio de 2017 (07:25 h.)
Imaxe da casa consistorial do Concello de Lobeira, un dos afectados polo polan de reforzos de firme da Xunta de Galicia.
Imaxe da casa consistorial do Concello de Lobeira, un dos afectados polo polan de reforzos de firme da Xunta de Galicia.

A Xunta publicou o pasado día 23 de xuño no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras reforzo de firme nos treitos máis danados das estradas OU-161, OU-301, OU-312 e OU-540 coa finalidade de mellorar a seguridade e comodidade dos seus usuarios. Os traballos desenvolveranse en varias comarcas. Na comarca da Limia afectará aos concellos de Xinzo de Limia e Porqueira. Así mesmo, na Baixa Limia, as melloras realizaranse en Muiños, Lobios, Lobeira e Bande. Outro concellos afectados da provincia son Barbadás, A Merca, Celanova e Verea.

Lobios é o que máis inversión recibirá. Xinzo o que menos.

Este proxecto ten por obxecto a rehabilitación do firme en puntos localizados mediante solucións baseadas no fresado e reposición ou extensión de microaglomerados, segundo as necesidade de cada subtreito, mellora da drenaxe e reposición de sinais verticais, elementos de balizamento e sistemas de contención existentes e en mal estado.

As actuacións forman parte do "Plan de reforzos de firme" posto en marcha pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Lobios será o municipio que recibirá máis inversión

O concello no que se prevén as actuacións máis importantes é o de Lobios, no que se proxectan traballos por un importe de case 240.000 euros. Polo que respecta ás obras do treito da estrada que pasa polo concello de Bande o seu investimento acada case os 82.000 euros; os traballos proxectados en Muiños teñen un orzamento de 74.500 euros; canto ás obras previstas en Barbadás custarán case 70.000 euros; ao concello de Porqueira destínase 61.500 euros; ao de Lobeira máis de 52.000; mentres que en Xinzo de Limia o orzamento das obras cífrase en apenas 4.500 euros.

Estas actuacións forman parte do "Plan de reforzos de firme" co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, cun orzamento total de 20 millóns de euros.