Jueves 23.05.2019

Medio Ambiente fará obras en Lobios por importe de 40.000 €

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a rexedora municipal asinaron esta tarde o convenio de colaboración

Núcleos Rurais da Vila e Bubaces, en Lobios

O convenio para a mellora dos espazos públicos municipais en Lobios, dotado dun importe de case 40.000 euros, actuará nas prazas que se ubican nos núcleos rurais de A Vila e Bubaces.

En ambos casos, será necesario demoler o pavimento actual para posteriormente proceder coa súa reforma, e no caso de Bubaces tamén se procederá á reposición da rede de saneamento de augas pluviais.