Dende a Limia
13:57 h. Domingo, 25 de Febrero de 2018

O PSdeG de Lobios recolle nova executiva co obxectivo de recuperar a alcaldía

O. Ferreiro | 30 de Enero de 2018 (23:46 h.)
Imaxe de arquivo do Balneario de Lobios.
Imaxe de arquivo do Balneario de Lobios.

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Lobios vén de escoller a executiva coa que vai encarar a dirección política do partido nos vindeiros 4 anos. Juan Manuel Ferreira Ferreira resultou escollido, novamente, secretario local mentres Nataly Pereira Álvarez vai ocupar a secretaría de organización. Ambos foron respaldados por unanimidade na asemblea local celebrada o pasado sábado 27 de xaneiro. Esta nova andaina da executiva local ven aparellada dunha campaña de aumento de militancia que se vai traducir en varias incorporacións inmediatas á agrupación. 

A nova dirección do PSOE de Lobios comeza a súa andaina continuando co labor que pretende "dar a volta a esta situación que lastra o porvir da veciñanza". 

Para o secretario local, Juan Ferreira, o feito de que se sumen novas persoas ao proxecto socialista en Lobios deriva: "do bo traballo que se leva facendo no grupo municipal e da ilusión da xente por cambiar as cousas nun concello gobernado de xeito nefasto polo Partido Popular. Estamos a piques de recuperar a alcaldía de Lobios, a un só concelleiro de volver pola senda do progreso e darlle unha esperanza de futuro a un municipio castigado polas políticas clientelares e caciquís da dereita". 

O grupo socialista no Concello de Lobios consta de 5 edís mentres o PP mantén a alcaldía con só un máis. "Nestes anos nos que o concello está presidido por María Carmen Yáñez, Lobios vive unha regresión dominada pola dependencia que estableceu o Partido Popular co goberno da deputación, sen seren capaces de defender a autonomía local nin loitar polo desenvolvemento socio-económico do municipio", afirman. O PSOE, pola contra, "conta coa ilusión e o pulo que suman día a día por cambiar as tornas nun concello que conta con numerosas potencialidades que están sendo esquecidas polos actuais gobernantes". A nova dirección do PSOE de Lobios comeza a súa andaina continuando co labor que pretende "dar a volta a esta situación que lastra o porvir da veciñanza".