Dende a Limia
11:49 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

A Deputación aproba modificar os convenios con Bande e Muíños para Badella e As Conchas

O. Ferreiro | 12 de Diciembre de 2017 (23:07 h.)
Imaxe de arquivo do Encoro das Conchas.
Imaxe de arquivo do Encoro das Conchas.

No apartado de cooperación cos concellos da provincia, a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a modificación de tres convenios de colaboración asinados entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Deputación de Ourense e cos concellos de Bande, Padrenda e Muíños.

Nos tres convenios, a modificación refírese aos cambios necesarios para adaptar as achegas económicas ás novas necesidades e ao ritmo de execución das actuacións.

O convenio co Concello de Bande corresponde ás obras do proxecto prolongación do acondicionamento das marxes do río Badella; o convenio co Concello de Padrenda corresponde ás obras do proxecto de paso sobre o río Gorgua; e o convenio co concello de Muíños corresponde ao proxecto dunha senda peonil no encoro das Conchas.