martes 19.11.2019

Plácido Álvarez,primeiro alcalde en ser recibido pola delegada da Xunta

A delegada territorial da Xunta en Ourense iniciou estes contactos reuníndoseco alcalde de Muíños, Plácido Álvarez

170619 Xuntanza Alcalde Muinos
170619 Xuntanza Alcalde Muinos

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde do concello ourensán de Muíños, Plácido Álvarez, que segue ostentando este cargo logo de 24 anos. Díaz Mouteira inicia así unha rolda de contactos cos rexedores da provincia co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos e estudar  futuras  actuacións a desenvolver no concello.

Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos este municipio recibiu do Goberno galego achegas por un importe de case 2,4 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Muíños máis de 1,3 millóns de euros en materia de subvencións; case 800.000 euros en convenios; e máis de 582.00 euros pertencentes a outras actuacións.

A representante do Goberno galego recordou que Administración autonómica desenvolveu ou puxo en marcha, dur170619 xuntanza alcalde muinos1ante estes pasados anos, numerosos proxectos neste concello como o de reforma e ampliación da residencia de maiores,  acondicionamento de áreas recreativas e sendeiros da zona Rede Natura 2000, mellora de infraestruturas turísticas e de espazos do parque natural da Serra do Xurés emprazados neste municipio, acondicionamento da sede do GES que comparte con Bande e Lobeira e distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais.

Finalmente, Díaz Mouteira fixo fincapé na importancia de continuar nesta nova etapa  a colaboración institucional e brindoulle a Plácido Álvarez todo o apoio e diálogo da Administración autonómico para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos  municipais.