Dende a Limia
04:37 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

O proxecto Raia Termal dinamizará a Baixa Limia

O. Ferreiro | 26 de Junio de 2017 (07:34 h.)
Imaxe do Balneario de Lobios, un dos máis apreciados da provincia de Ourense.
Imaxe do Balneario de Lobios, un dos máis apreciados da provincia de Ourense.

As contornas fluviais dos ríos Miño e Limia serán obxecto de novas actuacións que permitan atraer máis turismo e ofrecer paisaxes máis atractivas para os visitantes. Iso é o que pretende o proxecto "Raia Termal", do que se beneficiarán os concellos ourensáns de Cortegada, Bande, Lobios e Muíños, así como os municipios portugueses de Melgaço e Terras de Bouro.

O programa comezou a andar o pasado día 23 coa reunión constitutiva da Xunta Directiva.

O programa comezou a andar o pasado día 23 coa reunión constitutiva da Xunta Directiva. Ao encontro asistiron, ademais dos alcaldes beneficiarios, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. 

O obxectivo pasa por impulsar unha estrutura conxunta para que as contornas termais poidan valorizarse en termos económicos. 

Francisco Marín asegurou que o proxecto contará cun orzamento de algo máis de 2,5 millóns de euros, dos cales o 75% proveñen de fondos europeos. As actuacións previstas dividiranse en seis eixos. Dous deles serán comúns a todas as áreas estudadas incidindo na difusión, coordinación e xestión do proxecto. O obxectivo pasaría por impulsar unha estrutura conxunta mediante o deseño de iniciativas para que as contornas termais poidan valorizarse en termos económicos. 

Porén, o resto de ámbitos de actuación contemplan a vertebración dunha nova rede de termalismo transfronteirizo, a recuperación ambiental e posta en valor das contornas naturais, a recuperación de infraestruturas e elementos patrimoniais ou a xestión conxunta e promoción de recursos e itinerarios.