Dende a Limia
20:22 h. Sábado, 17 de Noviembre de 2018

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE ZONAS DE BAÑO DO EMBALSE DAS CONCHAS APARECEN NOVAMENTE CONTAMINADAS

| 27 de Junio de 2018 (21:48 h.)

O PSdeG-PSOE denuncia que, aparentemente, as cianobacterias volveron contaminar o embalse das Conchas, no sur da provincia de Ourense, polo que reclama maiores controis e solucións eficientes para este recorrente problema que volve afectar a zonas identificadas con carteis que, sen embargo, describen augas de baño de “calidade excelente”. “Está claro que estas augas distan moito de ser excelentes”, denuncian. Nas imaxes tomadas ó carón do camping do Corgo, no municipio de Muiños, apréciase unha masa acuática que presenta un preocupante aspecto turbio, a causa do que parece unha nova colonización masiva de cianobacterias en plena tempada estival.

As Conchas 02Os socialistas de Muiños e Lobios demandan un seguimiento da calidade das aguas eficiente mediante máis controles periódicos, e un compromiso para acadar unha solución integral que evite un problema que practicamente todos os veráns afecta os mesmos lugares deste embalse, que é o maior espazo de ocio e esparexemento desta zona da provincia ourensá. “O alcalde de Muiños debe actuar sen demora, demandando máis controis, publicitando os resultados ante poboación con maior celeridade e reclamando un plan de actuación que permita evitar os parches que provocan a repetición do problema”, aseguran.

O secretario provincial socialista de medio ambiente, José Antonio Pérez, tamén insiste en que “é preciso incrementar a vixiancia da calidade acuática e unha solución global para atallar a orixe real da colonización por cianobacterias que, segundo parece, volveu contaminar zonas públicas de baño”. “Non podemos permitir que, como acontecía ata o de agora por parte dos responsables medioambientais e dos alcaldes do PP da Baixa Limia, non se informe correctamente á veciñanza e se ignore a orixe real do problema, xa que este tipo de contaminación é unha ameaza ambiental importante”.

 

Pérez asegura que “mentres non se solucione a orixe primaria, o embalse está exposto á reincidencia da presenza de contaminantes cada vez que fai calor”. “Os estudos realizados destaparon que estas bacterias teñen a súa orixe nos nitratos e fosfatos procedentes de fertilizantes que os produtores de pataca empregan en toda a comarca da Limia, así como nos xurros e abonos das granxas”, recorda antes de concluir que “na contorna das Conchas imos a seguir sufrindo este problema de salubridade mentres non se adopte unha solución que posibilite o saneamento de toda a conca do río Limia”.