Martes 19.03.2019
Deputación de Ourense

A Deputación destina 200.000 euros en axudas para os Consellos Reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas

Tamén de aprobou a incorporación ao Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018, para obter a declaración de utilidade pública, das obras "EDAR para o tratamento de augas residuais na zona de O Corgo" e "Sendeiro á illa de Pazos", no termo municipal de Muíños.

Montserrat Lama dando conta dos acordos tomados na Xunta de Goberno da Deputación de Ourense.
Montserrat Lama dando conta dos acordos tomados na Xunta de Goberno da Deputación de Ourense.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá a resolución do concurso para a concesión de axudas aos Consellos Reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas destinadas a accións de promoción e xestión durante o ano 2018. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 16 de marzo de 2018.

En total, a Xunta de Goberno destina 200.000 euros en axudas para os catro consellos reguladores da provincia, de tal modo, que concede 50.000 euros para o C.R. da denominación de orixe de Monterrei; 50.000 euros para o C.R. da denominación de orixe de Valdeorras; 50.000 euros para o C.R. da denominación de orixe do Ribeiro; e 50.000 euros para o C.R. da denominación de orixe da Ribeira Sacra.

No apartado de cooperación cos concellos, na xuntanza aprobouse a incorporación ao Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018, para obter a declaración de utilidade pública, das obras "EDAR para o tratamento de augas residuais na zona de O Corgo" e "Sendeiro á illa de Pazos", no termo municipal de Muíños, cun orzamento de 161.903 euros e 60.872 euros, respectivamente, que serán financiados ao 75% polo Programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, con cargo ao proxecto "Raia Termal". 

Tamén de aprobou a incorporación ao Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018, para obter a declaración de utilidade pública, das obras "EDAR para o tratamento de augas residuais na zona de O Corgo" e "Sendeiro á illa de Pazos", no termo municipal de Muíños.

Tamén se aprobou na reunión a expropiación forzosa para a execución da obra "acondicionamento e mellora na OU-0861", no municipio do Bolo, así como autorizar ao Concello de Ramirás, o alleamento do tractor adquirido para labores de limpeza e xestión de biomasa coa axuda de 20.000 euros concedida pola Xunta de Goberno do 17 de abril de 2015.

Por último, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 6.000 euros para a Agrupación Coral de Ruada para gastos de funcionamento da entidade correspondentes ao ano 2018.

A Deputación destina 200.000 euros en axudas para os Consellos Reguladores das...