Dende a Limia
01:31 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

A FESTA FOI POR BARRIOS

| 19 de Julio de 2017 (01:15 h.)

Esta xa sabemos que é unha frase “feita”, pero desta vez parece que tamén a podíamos aproveitar  no caso das nosas festas, porque a mesma hora que grande parte do público se xuntaba, que non amoreaba, grazas o moito espazo que este ano se escolleu para as orquestras, outro grupo de xente se ía un pouco máis adiante ata a nova localización das atraccións de feiras. Parece ser que esta decisión non molestou a case que ninguén, que nos tempos que corren, xa é un acerto.

Pero tamén a mesma hora outros, neste caso rapaces e rapazas, estaban a gozar co seu deporte favorito, fútbol ou baloncesto na praza Carlos Casares que dende fai uns días converteuse nunha pista polideportiva de verán que fai as delicias de moitos en pleno casco urbano.