miércoles 23.10.2019

Os agricultores da Limia, non están de acordo coa diversificación de cultivos que contempla a PAC

ADEGAL RECLAMA ANTE O FOGGA A REVISIÓN DA DIVERSIFICACIÓN DE CULTIVOS DA PAC E O SEU IMPACTO NA LIMIA

campo de trigo
campo de trigo

O “pago verde” permite conceder un pago anual por cada hectárea admisible vinculada a un dereito de pago básico, sempre que se respeten determinadas prácticas medioambientais, dependendo da estructura da explotación.

 

 O importe do “pago verde” é un porcentaxe do valor total dos dereitos de pago básico que active o agricultor cada ano. Este porcentaxe, que normalmente será lixeiramente superior ó 50% determinarase anualmente.

As prácticas medioambientais vinculadas a este pago son:

  • Diversificación de cultivos.
  • Mantemento dos pastos permanentes existentes.
  • Contar con superficies de interés ecolóxico nas explotacións.

A diversificación de cultivos implica que:

  • Se a terra de cultivo da explotación cubre entre 10 e 30 hectáreas (ambos incluidos), débense cultivar, ó menos, dous tipos de cultivos diferentes sen que o principal supoña máis do 75% de dita superficie de cultivo.
  • Se a terra de cultivo da explotación cubre máis de 30 hectáreas, debe haber, ó menos, tres cultivos diferentes, sen que o principal supoña máis do 75% de dita terra de cultivo e os dous cultivos maioritarios xuntos non poderán ocupar máis do 95% da mesma.

Para o mantemento dos pastos permanentes, o seu cumprimento comprobarase contabilizando a superficie de pastos a nivel nacional e non individual.

No relativo a superficies de interés ecolóxico (S.I.E.), cando a explotación conte con máis de 15 hectáreas de terra de cultivo, polo menos, o 5% de dita terra de cultivo estará adicada a:

  • Barbeito.
  • Leguminosas.

Dende ADEGAL, ante a defensa e o amparo dos nosos asociados, en vista á nova PAC 2015 e a información difundida na comarca da Limia sobre o cumprimento do PAGO VERDE, concretamente no apartado de diversificación de cultivos, e tendo en conta que no apartado 4 do artigo 20 do “ Real Decreto 1075/2014, de 19 de diciembre, sobre la aplicación a partir de 2015 de los pagos directos a la agricultura y a la ganadería y otros regímenes de ayuda, así como sobre la gestión y control de los pagos directos y de los pagos al desarrollo rural” di: “Los cultivos de invierno y primavera se considerarán cultivos distintos aun cuando pertenezcan al mismo género, así como cualquier otro tipo de género o especie que sea distinto de los anteriores y que sea expresamente reconocido como un cultivo distinto por la normativa comunitaria de directa aplicación en un futuro”.

Pois ben, a non contemplación en Galicia como cultivos diferentes os cereais de primavera e os de inverno pertencentes ó mesmo xénero botánico, nunha comarca como a Limia, pioneira por excelencia no cereal de primavera onde se empregan variedades específicas adaptadas á zona por condicións edáficas e climatolóxicas, e que ademais, cumpren coa premisa de estar ó menos dous meses na parcela no período comprendido entre maio e setembro, solicitouse ante o FOGGA e a Consellería do Medio Rural, con carácter de urxencia, se contemple como cultivos diferentes os cereais de primavera e de inverno pertencentes ó mesmo xénero botánico, motivado polo interese que radica na comarca e a súa importancia no cumprimento da diversificación do  “greening”, e que así se faga constar na “ORDE pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ó desenvolvemento rural suxeitas ó sistema integrado de xestión e control” publicada pola Comunidade de Galicia.

Comentarios