Dende a Limia
01:02 h. Domingo, 20 de Agosto de 2017

O alcalde recibirá aos veciños de Parada de Ribeira o vindeiro luns

O. Ferreiro | 15 de Junio de 2017 (21:52 h.)

O rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, confirmaba hoxe en rolda de prensa, que os veciños xa solicitaron unha reunión co goberno e que será o vindeiro luns, ás 11:00 horas da mañá, cando esta terá lugar.

Os veciños reuniranse co alcalde e cos técnicos do concello o vindeiro luns.

Como xa informou o dendealimia.com, a veciñanza de Parada de Ribeira que se opón á concesión da licenza para a construción da planta asfáltica, vén de se organizar nunha plataforma para defender os seus intereses.

Para o alcalde de Xinzo, o obxecto da reunión "debería ser que eles veñan a pedir información sobre o proxecto". Nese senso, afirmou que, se así é, eles daranlles "coñecemento de toda a tramitación e de todos os informes existentes". "Explicarémoslle aos veciños que isto se trata dun acto reglado e non hai outra opción", concluíu Pérez.