lunes 21.10.2019

Os alcaldes dos concellos por onde pasa a Vía da Prata chamados a unha reunión

A intención é dinamizar o Camiño de Santiago por eses puntos

    A Xunta e a Deputación de Ourense acordaron reunir ós alcaldes dos concellos polos que pasa esta parte do Camiño o vindeiro 4 de novembro. O obxectivo é trasladarlles ós rexedores as medidas adoptadas para controlar a sinalización e limpeza nos camiños da Vía da Prata e incrementar a súa promoción. Así o acordaron nunha xuntanza o presidente da Deputación, Manuel Baltar; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.

A reunión cos alcaldes terá lugar o próximo mércores no Pazo de Vilamarín. A intención é por en valor os camiños que conforman a Vía da Prata que no que vai de ano incrementou o número de peregrinos nun 8%. xacobeo

Por esta parte do Camiño de Santiago entran os peregrinos que chegan dende Andalucía e Extremadura. Pasan a Galicia polas Portelas do Padornelo e A Canda, cruzando o val de Monterrei e de A Limia ata chegar a Ourense. Na cidade das Burgas conflúen a Vía da Prata e algúns dos camiños portugueses interiores que chegan polo val de A Limia e o Támega. Trátase dunha zona de moito tránsito de peregrinos de aí o propósito desta xuntanza, por en valor os camiños e incrementar os seus coidados. 

 

Comentarios