miércoles 23.10.2019

Alerta no parque infantil do Toural por abellas nunha papeleira

Nunha papeleira había un gran número de abellas que resultaron ser  do pais

Alerta no parque infantil do Toural por abellas nunha papeleira

Na tarde do mércores varios país de rapaces que se atopaban xogando no parque do Toural deron aviso a Policía Local  polo que en principio parecía un niño de abellas nunha papeleira do parque.

Avisados os membros de protección Civil, desprazáronse ata o lugar comprobando que unicamente se trataba dun pequeno “enxame” de abellas que se estaban alimentando dos restos, abundantes, de comida e doces que se atopaban no recipiente.

A policía tivo que acordoar a zona para espera a que chegada a noite as abellas regresaran a súa colmea. Deron aviso a brigada de limpeza para que a mañá cedo fagan a limpeza da papeleira, para que cando volvan, xa non atopen comida doce, que parece ser que era o que vertía da bolsa.