Dende a Limia
05:53 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

O alumnado do IES CIDADE DE ANQTIOQUÍA visita a Ribeira Sacra

| 13 de Marzo de 2018 (20:52 h.)

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Mosteiro de San Pedro de Rocas, aos preto de 30 alumnos do IES Cidade de Antioquía que coñeceron a riqueza patrimonial e natural da Ribeira Sacra con motivo da súa participación no programa “Coñece Ourense” que desenvolve a Deputación de Ourense para difundir o patrimonio natural e arquitectónico-artístico da provincia a alumnado da E.S.O.

“Coñece Ourense” é un programa que está dirixido “aos ourensáns máis novos co obxectivo de difundir o patrimonio, a paisaxe e as bondades arquitectónicas que hai por tódolos recunchos da provincia de Ourense e contribúen a reafirmar a identidade das rapazas e dos rapaces”, explicou o presidente do goberno provincial.

Desde que a Deputación de Ourense puxo en marcha esta iniciativa cultural no ano 2016, “participaron nela máis de 2.100 persoas e neste intre forman parte deste “Coñece Ourense” 2017/2018, 16 institutos da provincia”, salientou Baltar, quen asegurou que o programa é “un éxito porque, a través del, o alumnado coñeceu máis o noso e descubriu tesouros como este Mosteiro de San Pedro de Rocas que, cando aínda non estaba posta a primeira pedra da Catedral de Santiago, aquí xa había vida intelixente moitos séculos antes”.

Manuel Baltar destacou a importancia de desenvolver este tipo de iniciativas polas que “están aquí hoxe por primeira vez estes rapaces, no corazón dun enclave turístico e cultural de Galicia, como é a Ribeira Sacra, e que xunto con outros alumnos que forman parte doutras excursións noutras zonas da provincia, farán que esperte neles o seu interese por Ourense e queiran máis a esta provincia que merece ser coñecida por todos”

Trala visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, a ruta continuou en Montederramo onde os alumnos descubriron, a través dunha visita guiada, o Mosteiro de Santa María para continuar trala comida, coa visita á Igrexa de Santa Cristina. Un dos monitores desta actividade, Adrián Novoa, explicou que con “actividades dinámicas e divertidas, os rapaces coñecen diferentes puntos de interese da provincia, unha iniciativa moi importante porque se non coñeces o que tes nunca vas a valoralo”.

O programa oferta seis rutas culturais distintas: Bande-Entrimo, Ciencias Carballiño, Ribeira Sacra, San Cibrao de Lás-Arrabaldo, Verín, e Ciencias Ribadavia. Este ano incorporáronse algunhas novidades ao programa como son dúas excursións relacionadas coa area de ensino das ciencias, que inclúen visitas a viñedos e bodegas do Ribeiro para coñecer o proceso produtivo do viño e aos Laboratorios Iuvenor nos que se explica o proceso de elaboración de diferentes produtos estéticos. Asemade, hai novas incorporacións ás visitas como a Casa do Museo de Otero Pedrayo e os Museos do Traxe e de Estanislao Reverter da Deputación, en Santa Cruz de Arrabalda.