lunes 26.08.2019
Medio cento de caravanas “aterraron” en Xinzo

“Ao subir aquí, na autocaravana, non me don os brazos ,non me don as pernas, non me doe nada, síntome de marabilla

A área de caravaning quedouse escasa

 “Ao subir aquí, na autocaravana, non me don os brazos ,non me don as pernas, non me doe nada, síntome de marabilla

Esta mañá medio cento de caravanas  aparcaron en Xinzo para botar o día visitando a vila e esta tarde trasladarse ata Cualedro para inaugurar unha pequena área ao lado da estación de servizo na que lle prestarán servizo de collida e desaugue de augas.

cats

Topámonos con Herminio e Lola, que forman parte dos case dous centos de caravanistas procedentes na súa maioría da provincia da Coruña, que estaban case estreando a súa nova caravana, a terceira xa que levan comprado. Esta última, a cal nos permitiron ver por dentro en compañía de Amparo e Consejo , non lle falta nada, aínda que o prezo tamén foi respetable, arredor de 70.000 €.

A pregunta de que fai que unha persoa ou unha parella se suba a unha caravana e se bote a rular polo mundo. A Lola faltáronlle segundos para contestar con contundencia : . Ao subir aquí, na caravana, non me don os brazos ,non me don as pernas, non me doe nada, síntome de marabilla, solo fun a un viaxe do INSERSO. Case todos os fins de semana estamos na estrada visitando tanto España como o reto de Europa.

Preguntados por si os  servizos que lle presta a área de caravanas de Xinzo son suficientes, , todos responden que nada, está perfecta en un sitio moi ben localizado para en minutos estar no centro do pobo.

VISITA AO MUSEO E ÁS AREEIRAS

9

Mentres un grupo facía un percorrido acompañados pola representante do grupo autocaravaning de Xinzo, ata  a zona do río, moi interesados pola lenda do esquecemento, outros en bicicleta foron visitar as areeiras, para xuntarse antes de comer para ver o Museo Galego do Entroido e despois participar nunha comida de fraternidade nun restaurante da vila.

IMG_20190504_110913

“Ao subir aquí, na autocaravana, non me don os brazos ,non me don as pernas, non me...