Dende a Limia
14:02 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

O aparcamento da Igrexa vella poderá ser público e gratuíto

| 09 de Noviembre de 2017 (22:20 h.)

A rehabilitación da reitoral de Xinzo podería ser un feito en pouco tempo. As negociacións a catro bandas están moi adiantadas e as catro partes xa asinaron cartas de acordo de cumprimento de cada unha delas.

526A Xunta achegaría 150.000 €, o mesmo que a Deputación Provincial e ao Concello tocaríalle achegar 50.000 € que xa estarán incluídos nos orzamentos do 2018. O resto ata a cifra estimada de 600.000 € que custaría a obra de rehabilitación da reitoral de Xinzo e os edificios anexos sería achegada polo Bispado da dioceses.

APARCAMENTO LIBRE

Dentro dese acordo o Concello podería aproveitar mesmoo aparcamento que nestes momentos está solo para uns poucos e quedaría a disposición, libre e gratuíta para os veciños e veciñas que tanto estamos necesitados dun aparcamento céntrico na vila.

Así mismo o patrimonio cultural e artístico de Xinzo veríase incrementado cun edificio utilizado por moitos limiáns tendo entre outros a sede de Cáritas da Limia e habitacións para cederlle a persoas sen teito, que xa o están a utilizar hoxe en día, pero nunhas condicións de habitabilidade ínfimas.

Este é un acordo perseguido dende fai tempo polo Concello e que pensamos que pode ser unha realidade  ao longo do próximo ano, comenta Antonio Pérez.