Dende a Limia
03:15 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Incendio nocturno nunha casa en Faramontaos

O. Ferreiro | 26 de Junio de 2017 (06:31 h.)
Imaxe do lugar dos feitos. | La Región
Imaxe do lugar dos feitos. | La Región

Os veciños da aldea de Faramontaos, en Xinzo de Limia, chamaron aos servizos de extinción de incendios despois de ver propagarse un lume nunha vivenda deshabitada da localidade.

As mesmas fontes explican que as chamas "foron provocada". Segundo os veciños consultados, "plantaron o lume no galpón onde había cheas de palla e pasouse para a casa de á beira". 

Desprazáronse ata o lugar tanto efectivos de Protección Civil como dos Bombeiros de Xinzo. As chamas quedaron extinguidas arredor das 3:30 horas da madrugada do sábado.