Dende a Limia
00:06 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

Arrancan as obras no entorno do grupo Sta. Mariña e Parque do Pombal

| 22 de Octubre de 2018 (19:35 h.)

Segundo nos confirma o alcalde Manuel Cabas e o responsable da concellería de obras Ricardo Sieiro, esta mesma semana comezarán as esperadas obras de reposición e adecentamento da beirarrúa do grupo Sta. Mariña, dende o parque do Torual ata estación de autobuses.

REFORMA E REPARACIÓN DO PARQUE DO POMBAL

cats

Outra das reformas que estaban pendentes  e que o alcalde había anunciado na mesma semana da súa toma de posesión consiste na reposición do lousado do parque cun adecentamento do entorno da estatua da pantalla, así como a reforma do solo do propio parque, cambiando por caucho,   para adecualo as medidas de seguridade esixidas actualmente, así como a incorporación dun par de elementos máis de xogo, o máximo que permite a superficie actual con que conta o sitio de xogo.

Seguindo o esquema que xa se fixo na beirarrúa do outro lado da estrada, deixaranse ocos para plantar árbores,  así como bancos . Desta maneira o tramo de entrada da avd de Ourense quedará homoxeneizado.

A partir de agora, todas as actuacións, que segundo o concelleiro van a ser varias nos vindeiros meses, pero que se irán anunciando co comezo das mesmas, faranse coa mesma forma e cos mesmos elementos ornamentais unificados.