Dende a Limia
11:47 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

A Asociación de Produtores de Pataca da Limia organiza mañá unha charla sobre seguros agrarios

O. Ferreiro | 12 de Diciembre de 2017 (23:54 h.)

A Asociación de Produtores de Pataca da Limia organiza mañá, mércores, día 13 de decembro, unha charla informativa sobre os seguros agrarios do cultivo de cereal e pataca.

A conferencia é aberta a todos os initeresados –non só asociados– e terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia ás 11:00 horas da mañá.

Na conferencia intervirán o delegado rexional de Agroseguro, Ramón Marín, e o subdirector de agricultura e industrias agroalimentarias da Xunta de Galicia, Nicasio Mejuto.

O evento está organizado pola Asociación de Produtores de Pataca da Limia e pola Consellería do Medio Rural.