domingo 22.09.2019
Na tarde do sábado xa había casetas montadas

O campamento do ESQUECEMENTO vai collendo forma

Sorprendidos coa colaboración do Concello

1
1

Este ano parece que o ESQUECEMENTO vai máis de presa que en edicións pasadas. As boas temperaturas e a autorización para comezar a montaxe das casetas animou o parque do Toural.

Sorprendidos coa colaboración do Concello

2

Fai uns días que a comisión organizadora do ESQUECEMENTO 2019 mantivo unha reunión cos responsables das distintas areas que teñen relación coa festa e coa alcaldesa Elvira Lama. Iván Prado portavoz da comisión manifestou que el cada ano di o que sinte realmente como representante da festa e este ano temos que dicir que estamos sorprendidos positivamente. Non pensamos que a colaboración fose a ser a que está sendo. Aparte dunha achega de 6.000 €, xa comprometida, o Concello encargouse  de poñer a decoración das rúas e esta mesma tarde todo o alumeado do campamento está posto. En edicións pasadas colocábase o mércores e algunha vez o xoves.

A MAIORÍA TRABALLANDO E TOMANDO MEDIDAS

Como se pode comprobar nas imaxes de dendealimia.com. varias casetas estaban xa montadas, outros grupos, a primeira hora da tarde estaban descansando para comezar a faena e outras tomando medidas e facendo buratos. Recordar que este ano a festa comeza o xoves 22 coa cena de campamento que nesta edición  consistirá como prato forte o porco ao espeto.

IMG_20190817_175522IMG_20190817_175205IMG_20190817_175006IMG_20190817_174943IMG_20190817_175020IMG_20190817_174914IMG_20190817_174909IMG_20190817_174850IMG_20190817_174829IMG_20190817_174811