Dende a Limia
19:31 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

Carlos Gómez concelleiro de Cultura, Festexos, Turismo, Comercio Promoción Económica e Facenda

| 07 de Septiembre de 2017 (22:10 h.)

Mañá venres, farase efectivo  o decreto de cambio de departamentos entre os dous concelleiros do grupo de goberno. Do  decreto asinado polo alcalde darase conta no próximo pleno a celebrar nos próximos días.

Con este cambio os dous concelleiros pasan a rexentar as mesmas función que tiñan na corporación anterior.

Como xa adiantou o dendealimia, esta foi unha petición de Luís M. Gil que fixo xa fai uns meses ao alcalde por motivos persoais.

CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

Luís M. Gil comunicou que nas próximas semanas levarase a cabo a constitución do Consello Escolar Municipal. Unha vez se poña en marcha o curso en tódolos centros escolares da vila procederase a constitución deste órgano anunciado polo concelleiro a principios da lexislatura.