Dende a Limia
10:54 h. Viernes, 25 de Mayo de 2018

Os cativos do Carlos Casares fan unha prantación de árbores

| 25 de Abril de 2018 (21:23 h.)

Hoxe, día 25 de abril ás 10:30 da mañá, o Alcalde de Xinzo López Casas, o Tenente Alcalde e concelleiro de medio ambiente Manuel Cabas e uns vinte e cinco nenos e nenas coas súas respectivas mestras do Colexio Carlos Casares, plantaron trinta e tres árbores, máis concretamente fresnos e carballos, en distintos puntos da alameda de Xinzo de Limia.

IMG-20180425-WA0006

O obxectivo é que os nenos e nenas tomen conciencia da importancia que ten o coidado do medio ambiente e da necesidade do seu compromiso para preservar a flora e fauna da zona. Esta acción simbólica forma parte dun programa de repoblación de bosques e parques de Xinzo de Limia. A        idea é que, nun futuro, se  realícen este tipo de labores nos diferentes parques de Xinzo e tamén nas aldeas.