Dende a Limia
05:06 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

Catro feridos nun accidente na estrada de Xinzo-Lamas

| 30 de Mayo de 2017 (17:51 h.)

Sobre as 16 horas, parece ser que por mor dun despiste, un turismo saíuse da calzada na estrada que une Xinzo con Lamas. O vehículo ía ocupado por catro persoas , unha delas unha nena. O accidente produciuse na mais saír de Xinzo en dirección a Lamas.  

222

Unha das persoas foi atendida no lugar do accidente  e as outras foron trasladadas en dúas ambulancias do 061 ao PAC de Xinzo.

No accidente interviron dúas dotacións da Garda Civil, os bombeiros do parque da Limia e membros de protección civil de Xinzo.